Finaliza a Primeira Proba do Circuito Galego Xuvenil (Torneo Alevín e Cadete) e o Campioato Galego Infantil e Júnior 2020
O pasado 8 de marzo finalizaba a primeira proba do Circuito Gallego Xuvenil Babolat, na que se deron cita 388 xogadores e xogadoras de diferentes partes de Galicia, contando ademais con varios xogadores de Portugal.
Durante 4 fins de semana o Club de Tenis Pontevedra e o Casino Mercantil e Ind. de Pontevedra foron as sedes desta primeira proba do circuíto conformada polos torneos Babolat Alevín e Cadete e os campionatos galegos Infantil e Junior.
Os dúas primeiras fins de semana disputouse o torneo Babolat alevín no Club de Tenis Pontevedra, cun total de 108 inscricións e o cadete no Mercantil de Pontevedra con 64.
A partir da segunda fin de semana comezaba a fase previa do campionato galego infantil no Mercantil de Pontevedra e os dúas últimas fins de semana disputouse a fase final, reunindo a 139 xogadores nas diferentes modalidades. O campionato galego junior, á súa vez, disputábase no Club de Tenis Pontevedra coa participación de 77 xogadores e xogadoras.
Como novidade, realizouse a retransmisión en streaming de dúas semifinais e as finais da categoría infantil. A encargada de realizar esta retransmisión foi a empresa “Volvemos a primeira” reproducións audiovisuais:
www.volvemosaprimeraproducciones.com
Pódense ver os partidos gravados na seguinte ligazón:
Campioato Galego Infantil (youtube)
Ao longo destas semanas púidose gozar dun gran ambiente de tenis en Pontevedra, mantendo lle formato de colaboración entre os clubs sede e a Federación Galega de Tenis como equipo organizador dos eventos.
Nas diferentes entregas de trofeos, estiveron presentes diferentes autoridades:
José Mosquera (Presidente da FGTenis), Gregorio Agis e Gorka Gómez (deputados provinciais), Ernesto Filguera (Presidente do C. Mercantil e Ind. de Pontevedra), Enrique Domínguez (Presidente do Club de Tenis Pontevedra), Marco Casal (Director Deportivo da FGTenis), Miguel Lapido e Pancho Novoa (Director Deportivo do Club de Tenis Pontevedra), David Lariño e Tomás Casquero (directivos do Club de Tenis Pontevedra) e Carlos Coira (Coordinador do Circuito Gallego)
Damos o parabén a todos os participantes, e en especial aos campións, campioas e a todos os que conseguiron a súa praza para o Campionato de España.
A segunda proba do circuíto celebrarase en maio, tendo como sedes o Real Club de Tenis Coruña e o Sporting Club Casino Coruña, onde se poderán en xogo os campionatos galegos alevín e cadete e disputaranse os torneos Babolat infantil e junior.