Convocatorias
10/05/2020

PROTOCOLO BÁSICO DE ACTUACIÓN. VOLTA AOS ADESTRAMENTOS NO CGTD (FASE 1)

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva reabre as súas portas seguindo un protocolo básico de actuación elaborado pola Xunta e que será plenamente vinculante sen prexuízo das normas que se publique por parte da autoridade competente durante o transcurso da pandemia. Do mesmo xeito, e seguindo as mesmas normas, tamén volverán a funcionar o Centro Galego de Vela e o complexo náutico David Cal de Verducido. Nesta primeira fase da desescalada o obxectivo será a recuperación dos adestramentos. A práctica deportiva será individual, sen contacto físico e mantendo sempre as distancias mínimas de dous metros.