Noticias
12/07/2021
Federativas

Jessica Bouzas semifinalista no W25 Torino (Italia)

Moi bos resultados para Jessica Bouzas no Torneo Internacional W25 de Torino en Italia, chegando ás semifinais.

A galega superou a fase previa, gañando por 3-6 7-6 (3) [10-3] a Camila Gennaro (ITA) e Alana Parnaby (AUS) 6-3 6-2.

No cadro principal, Jessica pasou á segunda rolda ao superar a Barbara Gatica (CHI) por 6-1 por 7-5. Despois desfíxose da italiana Lucrezia Stefanini 6-2 2-0 Ret. e nos cuartos de final eliminou a favorita da cadro, a suíza Susan Bandecchi cun gran resultado de 6-3 6-4.

Nas semifinais non conseguiu vencer á francesa Diane Parry, que finalmente gañou o trofeo de campioa do torneo.