Noticias
19/07/2021
Federativas

Martín De la Puente gaña dobre título no Internacional Swiss Open Geneva

O tenista vigués conseguiu ser campión de dobres con Daniel Caverzaschi e subcampión no cadro individual do Torneo Internacional Swiss Open Geneva.

Na modalidade de dobres, comezaron como cabezas de serie número 1 e non renunciaron a un só set en ningún dos seus partidos. Na final venceron aos xaponeses Daisuke Arai e Takuya Miki cun claro 6-1 6-1.

No individual, Martín para chegar á final eliminou a Piotr Jaroszeswski 6-0 6-0, a Jaime Sepulveda (CHI) 6-1 6-1, a Adam Berdichevsky (ISR) 4-6 6-3 7-5 e a Evans Maripa (RSA) 7-5 7-6 (5).

O xaponés Tokito Oda, de só 15 anos, remontou a final contra Martín, 3-6 6-2 6-2.