Noticias
23/08/2021
Federativas

Martín De la Puente nos Xogos Paralímpicos de Tokio

O xogador de tenis en cadeira de rodas, Martín De la Puente Riobó, xa está en Tokio para xogar os Xogos Paralímpicos, que comezarán o vindeiro martes 24 de agosto.

Xunto a el viaxaron Daniel Caverzaschi, Enrique Sicar, Francesc Tur e o capitán Alejandro Sánchez Pay.

A competición de tenis en cadeira de rodas será no Ariake Tennis Park do 27 de agosto ao 4 de setembro.

Para o xogador vigués, será a súa segunda participación nuns Xogos Olímpicos, despois do seu debut de 2016 en Río, onde superou unha rolda no cadro de individual e chegou a cuartos de final en dobres con Daniel Caverzaschi.

¡Moita sorte Martín!