Noticias
13/04/2022
Federativas

Resultados de Emma Baliña e Ramón Talín no Trofeo Albert Costa

A xogadora con licenza polo Club Tenis Rial, Emma Baliña Rodríguez, e o xogador con licenza polo Real Club Tenis Coruña, Ramón Talín Maiz, participaron no XXXII Torneo Semana Santa XXI Trofeo Albert Costa, do 8 ao 12 de abril no Club Tennis Urgell en Lleida.

Neste torneo participan os/as mellores xogadores/as sub-13 de toda España e está considerado Campionato Oficial de España desta categoría.

Na lista de gañadores deste torneo figuran varios galegos, Andrés Pereiro López campión en 2021, Jessica Bouzas Maneiro subcampioa en 2015 e Rafael Izquierdo Luque campión en 2013.

En canto á participación doutras xogadoras galegas, tamén hai que destacar que a irmá de Emma, ​​Rebeca Baliña, participou no XVI Trofeo Albert Costa en 2016.

Resultados 2022:

Emma Baliña chegou ás semifinais eliminando a Anna Orlandro Pellicero 7-6(3) 7-6(4) na primeira rolda, a Carla Guerrero Calvo na segunda 5-7 6-1 7-5 e nos cuartos a cabeza de serie número 2, María Diago Martín cun dobre 6-2. Emma comezou gañando o primeiro set nas semis, pero a súa rival Carla Vázquez Alcudia conseguiu facerse co segundo e terceiro, 4-6 7-6 (7) 6-3.

Ramón gañou a Daniel Cullere Miravete no seu primeiro encontro remontando un primeiro set contra 2/6 6/2 6/1. Na segunda rolta perdeu ante o cabeza de serie número 7, Alejandro Hernández Ramada cun dobre 6-1.