Noticias
18/04/2022
Federativas

Programa Indemnizatorio de Gastos por Resultados - Federación Galega de Tenis

Está aberto o prazo de envío de gastos por resultados do ano 2021. A data límite para o envío de méritos remata o próximo 30/04/2022.

    É necesario cubrir un novo formulario para cada resultado destacado, agás para os Campionatos de España, onde todos os resultados deben seleccionarse na táboa do formulario.

    Na seguinte ligazón podes consultar a normativa completa do programa:

    As condicións do programa son:

    • Licenza Federativa en vigor pola FGT.
    • Representar á FGT.
    • Participar nas actividades propostas pola FGT.
    • Permitir o uso da imaxe e actos promocionais.
    • Disputar o campionato galego da súa categoría e o campionato galego absoluto.
    • Orzamento máximo para o programa de 4000 €. No caso de superar o orzamento destinado a este programa, aplicarase un coeficiente redutor que se asignará a cada xogador/a.

    Para os torneos nos que a Federación Galega de Tenis organice unha viaxe, non se poderán presentar os resultados do devandito torneo coas seguintes excepcións:

    • Que o número de prazas ofertadas non cubra a demanda.
    • Valoración do comité técnico das condicións particulares do xogador/a.