Noticias
19/04/2022
Federativas
Resultados dos/as xogadores/as galegos/as no Warriors Tour Alicante 2022
Os/as xogadores/as galegos/as que participaron no Warriors Tour Alicante, celebrado do 9 ao 17 de abril de 2022 na Academia Juan Carlos Ferrero Equelite, acadaron grandes resultados.
Destacamos os seguintes:
- Clara Arambillet Martínez: subcampioa cadete individual e campioa de dobres.
- Nicolás Bellas Panadero: subcampión Infantil individual.
- Blanca Trillo Da Veiga: campioa cadete dobres.
- Yeray Quian Darriba: campión cadete de dobres.
Estes son os resultados de todos os/as galegos/as:
Individual feminino:
- Clara Arambillet Martínez, do Sporting Club Casino Coruña, foi subcampioa na proba cadete tras superar por 6-2 6-7 [10-6] a Ivet Sala Sánchez, a Alba Fernández Valdés 6-1 6-2, á segunda cabeza de serie Marta Picó Navarro 6-4 5-7 [10-7] e a Alicia Celorio Morales 6-2 6-1. Na final, non logrou impoñerse á favorita Julia Camblor Fernández, o resultado 6-3 6-2.
- Sol Junquera Martínez, de Ureca, impúxose con dobre 6-3 a Andrea Trifan nos oitavos de final da proba infantil, pero posteriormente en cuartos non logrou superar a Mar Hernández Carmona, cuarta cabeza de serie.
- Blanca Trillo Pita Da Veiga, do Real Club Tenis Coruña, tras superar todos os partidos da previa cadete en perder nin un só set, perdeu na primeira rolda da fase final ante Blanca Losada Morales.
- Ana Victoria Mella García, do Real Club Tenis Coruña, tivo que retirarse no segundo set do seu enfrontamento ante Paula González Merlo na primeira rolda da proba alevín.
- Yaiza Quiam Darriba, do Real Club Tenis Coruña, caeu na segunda rolda da previa alevín ante a Nerea Loeches.
- Noa Pena Paz, do Real Club Tenis Coruña, perdeu nos cuartos de final da previa cadete ante a cabeza de serie número 3, Gabriela Gómez Serafini.
- Mariña Veiga Morado, do Real Club Tenis Coruña, perdeu ante Berta Ladaga Auge nos oitavos de final da previa cadete cun resultado de 6-3 6-3.
Individual masculino:
- Nicolás Bellas Panadero, do Real Club Tenis Coruña, foi subcampión infantil. Gañou a Alex Ramis Moyano por 6-0 7-5, a Darío Carballal Figaredo por 6-4 7-6(2) e ao cabeza de serie número 2 Hugo Tomás García por 6-1 e 6-4. Na final non logrou vencer ao favorito do cadro Max Vilar Uría. Con este resultado, Nicolás sitúase como número 1 do ranking Warriors.
- Mateo Valares Otero, do Fluvial de Lugo, venceu a Samuel Mendoza Colmenares por 6-2 6-2, a Roberto Sáez Lemes 6-1 2-1 (ret) e en semifinais non conseguiu vencer ao que acabou sendo o campión alevín, Alejandro Herrero.
- Yeray Quiam Darriba, do Real Club Tenis Coruña, tras vencer na primeira rolda ao número 1 do Madrid, Juan Dodero Fernández, perdeu nos oitavos de final do cadro cadete ante Pau Lluch Medina por 6-4 6-2.
- Raúl Carreto Martínez, do Club Tenis Tui, non puido superar a primeira rolda do infantil, caendo ante Agustín Siancha Borlenghi por 1-6 6-4 [10-6].
- Pablo Alcón Palacios, do Real Club Tenis Coruña, non puido superar o encontro ante o Vicente Alcaraz Galbis na segunda rolda da previa cadete.
Dobres femininos:
- Clara Arambillet Martínez e Blanca Trillo Pita Da Veiga, proclamáronse campioas de dobre cadete, superando na final á parella formada por G. Gómez Serafini e I. Serrano Maestre.
Dobres masculinos:
- Yeray Quian Darriba do Real Club Tenis Coruña, xunto a Gonzalo Fernández Ornia do Real Grupo de Cultura Covadonga lograron o título de campión de dobres cadete, superando na final a A. Ayllón Prado e H. Palacios Plaza.