Noticias
11/07/2022
Federativas
Bos resultados para Martín De la Puente no International German Open Berlin 2022
Martín continúa coa súa boa racha de resultados, a semana pasada conseguiu ser subcampión de dobres e logrou chegar ás semifinais na modalidade individual do Torneo Internacional German Open de Berlín 2022.
Martín partía como favorito no cadro individual. Eliminou a Andrew Penney (GBR) 6-0 6-2 e a Daisuke Arai (JPN) 4-6 7-5 6-4.
En semifinais, perdeu ante o xaponés Takuya Miki nun partido moi disputado que rematou cun resultado de 7-6(2) 4-6 6-2. Takuya conseguiu ser o campión do torneo.
En dobres, Martín fixo equipo co xogador chino Alexander Cataldo, número 15 do ranking mundial. Quedaron subcampións do torneo, perdendo na final ante os favoritos Maikel Scheffers (NED) e Ruben Spaargaren (NED).
Foto Copyright Claudio Gärtner