Noticias
11/07/2022
Federativas

Jessica Bouzas campioa de dobres xunto a Leyre Romero no W25 de Getxo

Jessica Bouzas suma un novo título ao seu palmarés, conseguiu ser campioa de dobres xunto a valenciana Leyre Romero no XXX Torneo Internacional de Getxo.

 

Comezaron vencendo ás italianas Martina Di Giuseppe e Giulia Gatto-Monticone cun dobre 6-4 e despois remontaron o seu encontro ante as segundas favoritas do cadro, as xogadoras da Federación Balear, Yvonne Cavallé-Reimers / Angela Fita Boluda 2-6 7-5 [10-6].

Despois eliminaron con facilidade de Sandra Samir (EGY) / Rosa Vicens Mas (ESP), o resultado da semifinal foi un dobre 6-2.

Na final venceron a parella formada pola coreana Sohyun Park e a grega Sapfo Sakellaridi, 7-5 e 6-0.