Noticias
26/07/2022
Federativas

Resultados de Martín De la Puente no Swiss Open Geneva

Martín De la Puente foi finalista de dobres, xunto ao arxentino Gustavo Fernández, do Torneo Internacional Swiss Open Geneva. Na proba individual caeu nos cuartos de final.

Martín comezou o torneo vencendo cunha clara vitoria por 6-0 e 6-2 sobre o polaco Kamil Fabisiak. No seguinte partido, en cuartos de final, non logrou vencer ao belga Joachim Gerard, o resultado un dobre 7-5.

Na proba de parellas, Martín e Gustavo chegaron á final derrotando a Daisuke Arai (JPN) / Evans Maripa (RSA) 6-2 6-2 e a Frederic Cattaneo (FRA) / Ruben Spaargaren (NED) 6-0 6-2.

Martín e Gustavo tiveron que retirarse na final cedendo así o título á parella formada por Joachim Gerard (BEL) / Nicolas Peifer (FRA).