Noticias
12/09/2022
Federativas
Convocatoria Tecnificación Provincial 22-23 - Federación Galega de Tenis
Ábrese o prazo de inscrición para as probas de acceso e renovación para a Tecnificación Provincial, programa a través do cal a Federación Galega de Tenis ofrece adestramentos gratuítos aos xogadores e xogadoras que queiran progresar no tenis.
A tempada pasada foron 130 os nenos e nenas que se beneficiaron deste programa.