Noticias
31/10/2022
Federativas

Andrés Pereiro López gaña o seu primeiro Torneo Tennis Europe

Andrés Pereiro López proclamouse campión do Torneo Tennis Europe Palmanova (Sub'14) celebrado do 24 ao 30 de outubro no Vilas Tennis Academy en Mallorca.

O lucense estivo brillante e non cedeu nin un só set en todo o torneo. Desfíxose de Matthew Freeman (AUS) na primeira rolda (6-0 6-1), venceu ao sexto cabeza de serie na segunda Harris Kopanyi (ROU) (6-0 7-5) e venceu a J. Martínez Vázquez (ESP) en cuartos de final (7-5 ​​​​6-1).

Cun dobre 6-4, eliminou en semifinais ao xaponés Motoharu Abe e por último na final superou con claridade ao xogador de Montenegro, segundo favorito no cadro, Vuk Krstajic, cun gran resultado de 6-2 6-0.

¡Parabéns Andrés!