Noticias
22/12/2022
Federativas
Martín de la Puente proclámase campión do Campionato de España de tenis en cadeira.
Martín de la Puente revalida por sexta vez o título de Campión do Campionato de España de tenis en cadeira tras derrotar na final a Enrique Sicar por un rotundo 6-1 6-1, no seu paso polo campionato venceu en semifinais a Dominik Bukala por 6-1 6-1 e en cuartos ante o seu compañeiro de dobres Francisco García Vena 6-0 6-0.
Martín tamén acadou o título de campión na categoría de dobres, xunto con Francisco García Vena venceron na final a parella formada por Enrique Siscar e Arturo Montes por 6-3 6-0, en semifinais gañaron a parella formada por José Coronado e Juan José Rodríguez por 6-2 6-0.
Parabéns Martín!!
Do 14 ao 17 de decembro – XXXII Campionato de España de Individual e Dobres MAPFRE de tenis en cadeira no Real Club Pineda de Sevilla.