Noticias
19/01/2023
Federativas

Campionato Galego de Tenis en Cadeira

Martín de la Puente proclámase un ano máis Campión Galego de Tenis en Cadeira. 

 

Con esta vitoria remata un ano espectacular para Martín de la Puente, que se confirmou no máis alto nivel deste deporte, alcanzando o número 1 do ranking mundial de dobres e o número 7 en individual, gañador dos torneos internacionais ITF de Madrid e El Prat de Llobregat. Gañador do Máster Nacional por cuarta vez consecutiva. Gañador de dobres do Masters, do US Open e dos torneos internacionais da ITF en Baton Rouge (EEUU), Biot Francia, Ile de Ré (Francia), El Prat de Llobregat, Nottingham (Gran Bretaña) e Xenebra (Suíza). Desexamos que teñas moita sorte neste ano 2023 e que acadedes os maiores éxitos.

Tamén cabe destacar a actuación do finalista deste campionato, Álvaro Illobre Saavedra, que sen dúbida é un referente no tenis en cadeira e no deporte adaptado en xeral, xa que acadou grandes éxitos en moitas disciplinas.

Dende a federación galega de tenis queremos agradecer ao Mercantil de Vigo a súa colaboración na organización desta competición.

Lista de Honra Campionato Galego de tenis en cadeira:

  • Campión: Martín de la Puente Riobó.
  • Finalista: Álvaro Illobre Saavedra
  • Terceiro Clasificado: Daniel Prada García.