Noticias
12/04/2023
Federativas

Resultados de Emma Baliña e Ramón Talín no Rafa Nadal de Barcelona

A xogadora con licenza por Ureca, Emma Baliña Rodríguez e o xogador con licenza do Real Club Tenis Coruña, Ramón Talín Maíz, viaxaron a Barcelona para xogar o Rafa Nadal en Valldoreix do 31 de marzo ao 9 de abril.

Emma chegou aos oitavos de final tras pasar a primeira rolda por BYE, na segunda gañou a Paula Navarro por 7-5 6-0, en cuartos Emma gañou a Olivia Poinsot por 6-1 6-4, nos oitavos de final Emma non conseguiu gañar a Adriana Monlleo e quedo fóra do torneo por un dobre 6-3.

Ramón Talín perdeu na segunda volta do torneo ante Álvaro García por un dobre 6-1.

A próxima sede do Rafa Nadal Tour será en Valencia do 20 ao 28 de maio.