Noticias
11/07/2023
Institucionais

Campionato de España MAPFRE de Tenis Júnior por Equipos 2023

Actualizamos os resultados das seleccións galegas que participaron no Campionato de España MAPFRE de Tenis Júnior por Equipos no Real Zaragoza Club de Tenis 1907, Zaragoza do 3 ao 8 de xullo de 2023.

CLUB DE TENIS CORUÑA – Equipo Júnior Masculino

  1. Saúl Berdullas Calviño
  2. Yeray Quian Darriba
  3. Alejandro Vizoso Ansedes
  4. Alejandro Pardo Moro
  5. Pablo Alcon Palacios

Capitán: Iago Fernandez-Reija Varela

URECA – Equipo Júnior Masculino

  1. Izan Díaz Estévez
  2. Manuel Moreira Rodríguez
  3. Hugo Álvarez González
  4. Daniel Sobrino Pérez

Capitán: Jorge Comesaña Comesaña

CLUB DE TENIS CORUÑA – Equipo Júnior Feminino

  1. Carlota Cota Vavrinova
  2. Blanca Trillo Pita da Veiga
  3. Clara Aramillet Martínez

Capitán: Iago Fernandez-Reija Varela

CLUB DE TENIS O RIAL – Equipo Júnior Feminino

  1. Sira Fernández Martis
  2. Ariadna Lucio Cora
  3. Ariadna Santamaría García
  4. Alejandra del Valle Vidal

Capitán: José Gregorio Rojas

Resultados:

No cadro masculino, o Real Club de Tenis Coruña proclamouse campión da Consolación, despois de perder na primeira volta ante o Real Club El Candado por 4-0, o conxunto coruñés accedeu ao cadro de consolación onde lograron o título tras vencer na primeira volta ao Club Tenis Fadura por 3-1, en cuartos gañou ao Real Club de Polo de Barcelona por un rotundo 4-0, nas semifinais venceron por 3-1 ao Stadium Casablanca e na final ao Club Deportivo Sportocio por 3-2.

O equipo de Ureca caeu ante o Club Tenis e o Padel Villa de Leganes por 4-0 indo ao cadro de consolación. Na primeira volta do cadro de consolación, o equipo de ureca venceu por 3-1 ao equipo anfitrión, o Real Zaragoza Tenis Club, posteriormente foi eliminado en cuartos ante o Club de Tenis Campeador por 4-0.

No cadro feminino, o Club de Tenis Coruña venceu na primeira volta ao Club Escuela Alcala por 3-1, e na segunda volta perdeu ante o Club Natacio Lleida por un axustado 3-2. O Club Tenis O Rial perdeu na primeira volta contra o Club Tenis Chanmartin, no cadro de consolación o equipo do Rial gañou a primeira volta ante o RC de Polo de Barcelona por 3-0, en cuartos caeu ante a Asociación Cultural Nazaret por 3-0. .

Parabéns a todos os equipos!!