Campionato de España MAPFRE de Tenis Infantil “Memorial Manuel Alonso”
Remata a participación dos xogadores/as galegos no Campeonato de España MAPFRE de Tenis Infantil "Memorial Manuel Alonso" que se celebra no AD Stadium Casablanca, Zaragoza do 09 ao 15 de xullo de 2023.
Actualizamos os resultados dos xogadores galegos no Campionato de España MAPFRE de Tenis Infantil «Memorial Manuel Alonso» que se celebra no AD Stadium Casablanca, Zaragoza do 09 ao 15 de xullo de 2023, coa participación dos seguintes xogadores galegos:
- Emma Baliña Rodríguez (Ureca)
- Noa Pena Paz (Club de Tenis Coruña)
- Alma Granados Blanco (CT Cidade Olivica)
- Sofía Villa Bento (Club Tenis Codesal)
- Noa Rodríguez Sindin (CD Centro Deportivo D10)
- Rosa García Berdeal (CD Centro Deportivo D10)
- Ramón Talín Maíz (Club de Tenis Coruña)
- Pedro Antón Ruibal (Club de Tenis Coruña)
- Mateo Valares Otero (Club Fluvial de Lugo)
- Jorge Álvarez Mosteiro (Club de Tenis Coruña)
Capitáns: Ricardo Álvarez Pérez (Club Santo Domingo) e Miguel Casal Arantes (Club de Tenis Coruña)
Crónica última xornada por Ricardo Álvarez
Unha lesión inesperada frustra as opcións dunha combativa Emma Baliña no Manuel Alonso España.
Os dobres, sen opcións contra os números 1.
A xornada do mércores 12, presentouse cunhas temperaturas máximas de 32 graos, algo máis "frescas" que os 44 graos do día infernal anterior.
A nosa única supervivente en individuais, Emma Baliña, comezou na primeira quenda ás 8:30 horas, para disputar un encontro con serias posibilidades de gañar, sobre todo vendo o gran xogo amosado nas vindeiras xornadas. A súa rival, Marta Gayoso, favorita número 6 do torneo, o encontro comezou igualado, pero tras o 2-2 Emma comezou a sufrir unha forte dor no ombreiro que lle impediu pegarlle a dereita e sobre todo o saque, sen sentir dor aguda. Desde ese momento só puido servir desde abaixo ata o final do partido.
Con 6/3 abaixo e tras ser asistida polo fisio, Emma sacou toda a casta e o seu carácter combativo e recuperada da adversidade puido poñerse 5-2, para que, tras ter 6 puntos de set, e superar 9 puntos de partido en contra, perdendo finalmente nun épico tie break por 9-11.
Resultado final 6-3 7-6.
Pola tarde disputáronse os partidos aprazados da xornada anterior por calor extrema. Estes partidos, debido a que os vencedores dos partidos aprazados se duplicaron, disputáronse nun formato curto de 4 xogos.
Mateo Valares e Jorge Álvarez caeron derrotados nun partido dominado de principio a fin, sen opcións para o noso equipo, polos favoritos número 1 do torneo, Jorge Pareja e Pablo Toledo, resultado 4-0 4-0.
Pola súa banda, Noa Pena, formando equipo con Luisa Oprescu, non puido superar ás cabezas de serie número 1 do torneo, Lucía Rodríguez e Vega Aguilar, e aínda que por momentos resistiron, non tiveron opcións dada a superioridade das súas contrincantes, o resultado 4-1 4-2.