Noticias
08/08/2023
Federativas

Martín De la Puente finalista de dobres no British Open Wheelchair Tennis Championships

Bos resultados para Martín De la Puente no Torneo Internacional British Open Wheelchair Tennis Championships, en Nottingham, Reino Unido.

Na proba individual, eliminou a Conner Stroud (USA) 6-1 6-4 e a Ruben Spaargaren (NED) 6-3 7-5. En semifinais perdeu ante Alfie Hewett (GBR), xogador número 2 do ranking mundial, quen logrou o título de campión deste torneo.

En dobres, Martín fixo parella co arxentino Gustavo Fernández. Gañaron a Kouhei Suzuki (JPN) e Ben Weekes (AUS) cun dobre 6-1 e a Dermot Bailey e Ben Bartram cun dobre 6-0. Na final perderon ante Alfie Hewett e Gordon Reid, o resultado 4-6 6-2 11-9.