LXXXIV Campionato Galego Absoluto – XIV Memorial Antonio Santorio + Campionato Galego Benxamín + 4ª Proba Galicia Head Tour
Do 21 ao 30 de xullo celebrouse no CC Mercantil e Ind. de Vigo a gran semana do tenis galego na que se disputaron os Campionatos Galegos Absoluto e Benxamín, así como a cuarta proba do circuíto Galicia Head Tour cun total de de 385 inscritos nas distintas categorías.
Na proba absoluto masculino, os principais cabezas de serie cumpriron as previsións e xogaron a final. Na parte alta do cadro Tomás Curras chegou á final superando a Iago Domínguez por 7/5-6/2, mentres que na parte baixa do cadro Rafa Izquierdo venceu nas semis a Alejandro Vizoso por 6/1-6/3 .
Na final, Tomás Currás mostrouse máis sólido e logrou o seu primeiro título de campión galego absoluto ao vencer a Rafa Izquierdo por 6/3-6/3.
No absoluto feminino repetiuse en semifinais o enfrontamento da final de 2022 Celia Cerviño Vs Eva Álvarez, Celia volveu gañar a Eva, esta vez por 7/5-6/2. A outra semifinal enfrontou a Laura Prieto contra Clara Arambillet, dando como resultado o partido máis emocionante do campionato, que Laura acabou gañando 6/7-7/6-7/6.
Na final, Celia Cerviño deulle poucas opcións a Laura Prieto e proclamouse campioa galega absoluta por quinto ano ao vencer por 6/1-6/2.
En dobres masculino, Iago Salvador e Tomás Currás derrotaron a Saúl Berdullas e Alejandro Vizoso por 6/3-6/3.
En dobres feminino, Eva Álvarez e Ainara Vegal superaron por 6/2-6/3 a Celia Cerviño e Carlota Souto.
E en dobres mixtos Ander Tarrío e Celia Cerviño venceron a Iago Salvador e Laura Prieto por 6/1-6/2
No campionato galego benxamín, Lenda Vázquez proclamouse campioa galega ao vencer a Carla Viñas por 4/1-4/2 e no masculino Daniel Costas impúxose a Álex Febreiro por 4/1-4/0, conseguindo o título autonómico benxamín .
No acto de entrega de premios estiveron presentes: D. José Mosquera, presidente da Federación Galega de Tenis, Daniel Benavides, delegado provincial da Secretaría Xeral para o Deporte, Manel Fernández, concelleiro de deportes do Concello de Vigo, Sergio Pazos e Francisco Yáñez presidente e vicepresidente do CC Mercantil e Ind. de Vigo e Emilia Fernández, viúva de Antonio Santorio polo que se celebrou o 14 memorial neste campionato galego.
Dende a Federación Galega de Tenis queremos agradecer ao equipo técnico e directivo do CC. Mercantil e Ind. de Vigo pola súa colaboración para o bo desenvolvemento do torneo.