Noticias
09/08/2023
Federativas

Blanca Trillo campioa cadete no Warriors Tour Salamanca

Blanca Trillo Pita Da Veiga proclamouse campioa cadete da proba Warriors Tour celebrada en Salamanca do 30 de xullo ao 6 de agosto de 2023.

A xogadora do Real Club Tenis Coruña deixou atrás a Paula Diez, Elisa Casero e Alejandra Corroto, derrotando na final a Ivet Sánchez, cabeza de serie número 1 do torneo, por un cómodo 6-2 6-2.

Moi alto nivel da ferrolana, durante todo o torneo. Esta vitoria permítelle acceder ao Master National Warriors que se celebrará na Academia Juan Carlos Ferrero a finais de setembro.