Noticias
09/08/2023
Federativas

Nova convocatoria formativa en Iniciación para adestradores

Escola Galega de Adestradores activa a primeira convocatoria dos Cursos de Iniciación para a temporada 2023 – 2024.

Delegación FGB en Arousa abrirá este chanzo formativo na nova temporada realizando en setembro un curso de iniciación e baixo a renovada normativa de Iniciación 23 – 24.

Esta convocatoria repartirá a súa carga lectiva en fase presencial e fase online, comezando esta última ao remate da formación en persoa.

Indicamos a continuación as datas, sede e proceso de inscrición para esta cita didáctica:

Curso Iniciación – Delegación Arousa
Formación Presencial: 8, 9 e 10 de setembro.

08/09/23 – de 16:00 h a 22:00 h

09/09/23 – de 09:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h 

10/09/23 – de 09:00 h a 15:00 h e de 17:00 h a 20:00 h 

Sede: Pavillón de Castelao ( Vilagarcía de Arousa)

Inscrición

A inscrición debe realizarse a través de formulario oficial dispoñible AQUÍ.

O mesmo deberá cumprimentarse correctamente e xa incluíndo nel o xustificante de pago da cota de inscrición do Curso (200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406) Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Prazo para o proceso

O prazo de inscrición pecharase o vindeiro 31 de agosto ás 12:00 h.

A FGB confirmará a inscrición unha vez reciba o formulario completo. 

Enlaces