Andrés Pereiro López finalista de dobres no J30 Benidorm
Andrés Pereiro López conseguiu ser subcampión na modalidade de dobres do Torneo Internacional Benidorm J30.
O lucense está a conseguir fantásticos resultados no circuíto internacional júnior. A primeira semana de agosto, no Torneo Internacional J30 de Valldoreix, Andrés superou a prevía gañando a Ronin Spahn (USA) 6-0 6-2, a Pietro Verno (ITA) 6-3 7-5 e a Vicent Llobell (ESP) 6-1 6-4. No cadro principal eliminou a Marko Pozonec (SLO) por 6-7(8) 7-5 e 6-0 na primeira rolda e na segunda perdeu ante o italiano Giovanni Ciocca por 6-4 e 6-1.
Esta semana xogou o Internacional J30 Benidorm. Andrés foi directamente ao cadro principal. Pablo Aunion eliminouno na primeira rolda cun resultado de 7-5 4-6 6-3.
Na proba de dobres formou equipo con Pau Lluch. Gañaron a Rio Hanif (GBR) / Pablo Pñérez Navarro (ESP) 7-6(6) 5-7 10-3, a Hector Edmond Fullone (GBR) / Luka Van Geel (ESP) 6-2 6-4 e a Denis Struk ( LTU) / Alexander Tokar (UKR) 4-6 7-6(4) 10-8. Na final, non lograron superar a Giovanni Ciocca (ITA) / David Muñoz Botia (ESP), o resultado 6-3 2-6 10-6.