Noticias
28/09/2023
Federativas
Gonzalo González finalista no MT1000 de Mallorca
Gran resultado para Gonzalo González González converténdose en finalista no MT1000 de Mallorca, 27º Mallorca World Tennis Masters Tournament.
Nas primeiras roldas da categoría +55 deste torneo, o xogador lucense venceu por 6-1 6-1 a Philippe Bastide (FRA), a Ireneusz Gorka (POL) 3-6 6-1 6-1 e a Pedro Pastor Grau ( ESP) por 6-2 6-3.
En semifinais desfíxose do suízo Bertrand Zahno, cun resultado de 6-3 7-5.
Na final caeu por 6-3 e 6-3 ante o alemán Alexander Windisch, ex número 1 en 2017.
Parabéns por este gran resultado Gonzalo.