Noticias
02/10/2023
Federativas
Martín De la Puente campión do Sardinia Open
Novo título de campión para o palmarés de Martín De la Puente, gañou o Torneo Internacional Sardinia Open.
O xogador vigués de tenis en cadeira estivo brillante durante todo o torneo. Eliminou ao croata Antonijo Arambasic cun dobre 6-0, ao francés Geoffrey Jasiak cun 6-0 6-1 e a Tom Egberink, de Holanda, con outro 6-0 6-0.
Nas semifinais remontoulle a Gordon Reid, xogador de Gran Bretaña e número 6 do ranking mundial, sendo o resultado final 3-6 6-3 6-3.
Na final tamén comezou perdendo o primeiro set ante o francés Stephane Houdet, pero soubo recuperarse e acabou superando ao número 10 do ranking ITF por 1-6 7-5 6-3.