Noticias
18/12/2023
Federativas

Martín De la Puente campión de España de Tenis en Cadeira 2023

O tenista vigués Martín De la Puente proclamouse por sétima vez campión de España de tenis en cadeira.

Martín impúxose por 6-1 e 6-3 ao murciano Kike Siscar na final do 33º Campionato de España MAPFRE en cadeira de rodas que se disputou no Real Club Pineda de Sevilla.

Na categoría de dobres tamén logrou o ouro xunto co sevillano Arturo Montes, superando na final á parella formada por Kike Siscar e o cordobés Cisco García. O resultado 2-6, 6-2 e 10-7.

¡Parabéns campión!