Noticias
19/12/2023
Federativas
Nicolás Bellas campión do Mutua Madrid Open Sub-16 en Madrid
O xogador do Real Club Tenis Coruña, Nicolás Bellas Panadero, impúxose no Mutua Madrid Open Sub-16 celebrado do 15 ao 17 de decembro en Madrid.
Para conseguir un posto na final, Nicolás eliminou a Maxi Carrascosa Díaz por 4-6 7-6(11) 6-4 na primeira rolda, a David Aguiar Johansson en cuartos e ao cabeza de serie número 1, Roberto Pérez Socas en semifinais 7-6(5) 6-7(4) 7-5.
Na final ante Max Villar Uría, remontou un primeiro set para gañar por 3-6 6-4 7-6(5).