Noticias
15/01/2024
Federativas

Luis Ordieres Canal campión no MT200 Manacor

Luis J. Ordieres Canal proclamouse campión +50 no Torneo International Masters Tour Rafa Nadal Academy – MT200 Manacor, celebrado do 2 ao 7 de xaneiro.

O xogador do Club Tenis A Tobeira gañou todos os seus encontros sen renunciar a un só set: eliminou a Michael Hoffmann (GER) 6-0 6-3, a Antonio García González 6-1 6-2 e a Michael Gleimius (GER) na final 6-2 6-4.