Noticias
30/01/2024
Federativas
Jessica Bouzas gaña no W75+H de Porto
Victoria de Jessica Bouzas Maneiro no W75+H de Porto. A vilagarciá conseguiu o seu primeiro título do ano superando a Maja Chwalinska.
Jessica eliminou na primeira rolda a Francisca Jorge (POR) cun dobre 6-2, na segunda derrotou a Rebecca Peterson (SWE) e en cuartos venceu á española Marina Bassols Ribera cun resultado de 6-4 6-3.
En semifinais gañou á francesa Elsa Jacquemont nun encontro que tivo que ir ao terceiro set 6-1 5-7 6-1.
Na final remontou un primeiro set en contra ante a polaca Maja Chwalinska, para acabar gañando o título de campioa cun resultado de 3-6 6-0 6-4.
¡Parabéns Jessica!
Esta semana participa no W50 Porto, hoxe enfrontarase a Nikola Bartunkova (CZE) na primeira rolda.