Campionato Galego de Tenis Praia 2024 de categorías absoluta e sub-14
A fin de semana do 23 ao 25 disputouse na praia de Baltar (Portonovo) no Concello de Sanxenxo o Campionato Galego de Tenis Praia 2024.
En dobres masculino, Jorge Martínez Martínez e Juan Amador Ruíz derrotaron na final a Adrián García Vázquez e Alejandro Guimaráens Raso por 6/2-6/3.
En dobres feminino Eva Fantova Sicre e Lidia García Vázquez venceron a Olalla Fernández Maroto e Seila Pérez Rouco por 6/2-7/5
En dobres mixtos, Adrián Garcia Vázquez e Lidia García Vázquez proclamáronse campións ao vencer a Olalla Fernández Maroto e Jorge Martínez Martínez por 6/3-6/0.
Na categoría individual masculina, Jorge Martínez Martínez venceu a Mateo Carrera Prado por 7/2.
Na categoría de dobres sub-14, Gabriel Babío Filloy e Abril González Parra foron campións galegos por ser os máis regulares na liga, sendo segundos Alberto Varela Vieites e Rodrigo Álvarez Negreira.
Lista de campións:
Dobres Absoluto Masculino
- Campións: Jorge Martínez Martínez / Juan Amador Ruiz
- Finalistas: Alejandro Guimaraens Raso / Adrian García Vázquez
Dobres Absoluto Feminino
- Campioas: Eva Fantova Sicre / Lidia García Vázquez
- Finalistas: Olalla Fernández Maroto / Seila Pérez Rouco
Dobres Absoluto Mixto:
- Campións: Lidia García Vázquez / Adrian García Vázquez
- Finalistas: Olalla Fernández Maroto / Jorge Martínez Martínez
Absoluto masculino:
- Campión: Jorge Martínez Martínez
- Finalista: Mateo Carrera Prado
Dobles Sub-14 Unisex:
- Campións: Gabriel Babío Filloy e Abril González Parra
- Finalistas: Alberto Varela Vieites e Rodrigo Álvarez Negreira