Noticias
25/09/2024
Federativas
Noa Pena Paz finalista do Torneo Rafa Nadal Asturias
A xogadora con licenza polo Real Club Tenis Coruña, Noa Pena Paz, conseguiu ser finalista na proba cadete do Rafa Nadal celebrado en Gijón, Asturias, do 14 ao 22 de setembro.
Noa chegou á final eliminando a Carla Sariego (6-1 6-0), a Mar Olmos, terceira cabeza de serie (6-4 3-6 6-4) e a Caudia Piñeira (6-1 0-6 6-3) .
Na final enfrentouse a Iris Álvarez Fernández, perdendo cun resultado de (4-6 7-5 6-0).