Noticias
09/12/2024
Federativas
Vitoria de Nilo Rubén Pérez Calo no MT400 Sevilla
Novo título de campión para Nilo Rubén Pérez Calo. O xogador con licenza polo Club de Tenis A Tobeira conseguiu gañar o torneo internacional MT400 de Sevilla.
Nilo non cedeu ningún set en todo o torneo, vencendo a Ramón Aranguren 6-0 6-1, Rafael Escobar Montero 6-3 6-2, Gilles Perruchot (FRA) 6-4 6-1 e na final a Jesús Cenalmor Galan con un dobre 6-1.
Neste torneo tamén participaron: María Sicre, que acadou o terceiro posto na categoría +35, gañando dous encontros; e Olga Ablanedo, que logrou o cuarto posto na categoría +55.
¡Parabéns aos tres!