Noticias
13/03/2025
Federativas

Gonzalo González campión do MT700 Beaulieu-sur-mer en Francia

O lucense Gonzalo González está imparable, logrou o seu segundo título internacional neste 2025.

O xogador do Centro Deportivo D10, xa recuperado da lesión que o mantivo fóra da pista durante varios meses, tentará recuperar a terceira posición do ranking mundial que acadou a pasada tempada.

Gonzalo logrou converterse no campión +55 do torneo MT700 Beaulieu-sur-mer celebrado en Francia. Eliminou a todos os seus rivais con claridade:

  • Segunda rolda: Gael Bonnaire (FRA) 6-2 6-1
  • Cuartos de final – Michael Benichou (FRA) 6-1 6-2
  • Semifinais – Diego Mandara (ITA) 6-1 6-3
  • Final – Gerd Albiez (GER) 6-1 6-1

Esta semana Gonzalo competirá no MT700 Menton, estaremos atentas aos seus resultados.