Noticias
07/04/2025
Federativas

Nilo Rubén Pérez Calo campión individual e dobres no MT400 de Valencia

Dous novos títulos para o palmarés de Nilo Rubén Pérez Calo, que logrou ser campión individual e de dobres +70 no Internacional MT400 Valencia, celebrado do 30 de marzo ao 4 de abril.

O xogador licenciado polo Club de Tenis A Tobeira chegou á final eliminando a Bert Zijlmans (NED) cun resultado de 7-5 6-0 e a Bertrand Hardy (FRA) nun encontro que tivo que ir ao terceiro set 6-7 (6) 6-2 10-6.

Na final impúxose por 6-2 e 7-5 a Francisco Javier Montoliu Taranco. O xogador do Club Esportiu Laieta foi o seu compañeiro na proba de dobres.

Gañaron a Isidro Berdascas e Bertrand Hardy na final por 2-6 6-3 10-6.