Noticias
14/04/2025
Federativas

Martín De la Puente dobre campión no Seoul Korea Open

Martín non defraudou no Seoul Korea Open, gañando o campionato de individual e de dobres xunto ao xogador de Países Baixos Ruben Spaargaren.

Na proba de individuais, Martín, favorito do cadro, eliminou ao brasileiro Daniel Rodrigues cun dobre 6-4 en oitavos de final, e ao chino Shunjiang Dong cun dobre 6-1 nos cuartos de final. Nas semifinais derrotou a Ruben Spaargaren por 6-1 e 7-5.

Na final non deu opcións ao xogador francés Stephane Houdet, vencendo cun claro 6-2 6-3.

Na proba de dobres fixo equipo con Ruben Spaargaren, derrotaron con claridade na final a Daniel Caverzaschi e Stephane Houdet cun resultado de 6-2 6-1.