Noticias
21/04/2025
Federativas

Martín De la Puente finalista no ITFSS Iizuka, Fukuoka (Japan Open 2025)

Martín De la Puente conseguiu ser finalista en individuais e dobres no TFSS Iizuka, Fukuoka (Japan Open 2025).

O xogador vigués de tenis en cadeira de rodas foi o segundo cabeza de serie do torneo. Gañou a Zhenxu Ji (CHN) 6-1 6-3, a Ruben Spaargaren (NED) 6-4 5-7 6-3 e a Stephane Houdet (FRA) 7-5 6-1.

Na final caeu ante o número 2 do Mundo, o xaponés Tokito Oda nun partido moi igualado que se decidiu no terceiro set 7-6(5) 2-6 7-5.

En dobres estivo emparellado con Ruben Spaargaren (NED). Quedaron subcampións, perdendo 6-4 5-7 10-8 na final ante Daniel Caverzaschi (ESP) e Stephane Houdet (FRA).