Noticias
21/04/2025
Federativas

Nilo Rubén Pérez campión e Luis José Ordieres finalista no MT400 Teia Barcelona

Os xogadores do Club de Tenis A Tobeira, Nilo Rubén Pérez Calo e Luis José Ordieres Canal lograron grandes resultados no MT400 Teia Barcelona.

Nilo Rubén Pérez Calo foi o campión na categoría +70, superando a David Murphy (IRL) 6-2 6-1, a Isidro Berdascas (ESP) 6-1 6-3 e a Ramon López Rojo (ESP) 6-0 6-2.

Luis José Ordieres Canal foi o finalista +55. Chegou á final vencendo a Cristiano Ivan Pavia (ITA) 6-4 7-5 e a Guenther Meyringer (AUT) 6-2 6-2. Na final perdeu ante Javier Linares Corral (ESP).