Noticias
14/08/2025
Federativas
Elena Escribano Gonzalez gaña o Warriors Tour Tarragona
Elena Escribano González foi a campioa da proba benxamín do Warriors Tour de Tarragona.
Para chegar á final, a xogadora do Real Club Tenis Coruña eliminou a Daniela Bañon Guillén (4-0 4-0) e a Amanda Makreckaja (4-2 4-1)
Na final derrotou a Sabina García-Serrado cun marcador de 4-0 e 5-3.
Con esta vitoria, Elena asegura a súa clasificación para o máster do circuíto nacional, que se celebrará do 24 ao 27 de setembro na Ferrero Tennis Academy.