Noticias
09/09/2025
Federativas
Semis para Martín no US Open Wheelchair Championships
O número 1 do mundo, Tokito Oda, eliminou a Martín De la Puente nas semifinais do US Open, celebrado do 2 ao 6 de setembro.
Martín logrou meterse nas semifinais gañando a Zhenxu Ji (CHI) por 6-4 7-5 e a Gordon Reid (GBR) por 6-2 6-3.
Despois non conseguiu derrotar ao xaponés Tokito Oda, que gañou o título de campión ao vencer na final ao arxentino Gustavo Fernández por 6-2 3-6 7-6(11).