Noticias
28/10/2025
Federativas

Novo título de dobres para Rafael Izquierdo

O coruñés Rafael Izquierdo Luque foi campión de dobres do Torneo Internacional M25 de Sintra, celebrado do 20 ao 27 de outubro de 2025.

Rafa formou parella co portugués Pedro Araujo. Derrotaron na final a Joao Graca e Tiago Torres de Portugal por 6-0 e 7-6(4).

Na proba individual, Rafa conseguiu pasar a previa e no cadro principal perdeu por 6-4, 4-6 e 1-6 na primeira rolda contra o xogador suízo Patrick Schoen.

Tomás Currás Abasolo tamén competiu neste torneo, derrotando ao portugués Salvador Monteiro por 6-3 e 6-4 na primeira rolda do cadro principal e perdendo por 2-6 e 3-6 na segunda rolda contra o colombiano Adria Soriano Barrera.