Martín campión de dobres do Masters de tenis en cadeira de rodas de 2025 en Huzhou, China
O vigués Martín De la Puente retivo o seu título de dobres no Masters de tenis en cadeira de rodas, que se celebrou esta tempada en China.
Este é o terceiro título de dobres do Masters de Martín, xa que o gañou en 2022 xunto ao arxentino Gustavo Fernández, en 2024 co belga Joachim Gerard e este ano co xogador neerlandés Ruben Spaargaren.
Gañaron o seu partido de semifinais contra Stephane Houdet e Casey Ratzlaff, por 6-4 e 6-1. Na final, derrotaron aos favoritos, Alfie Hewett e Gordon Reid, ambos do Reino Unido, por 6-4, 1-6 e 14-12.
Na fase de grupos da modalidade individual, Martin conseguiu vencer ao francés Stephane Houdet (6-4 2-6 7-6(3)) e ao estadounidense Casey Ratzlaff (6-4 6-2), quedando segundo de grupo e clasificándose para o cadro final.
Nas semifinais perdeu contra o número 1 do mundo Tokito Oda, quen posteriormente gañou o título de campión ao vencer a Alfie Hewett na final cun contundente 6-1 6-1.