Noticias
18/11/2025
Federativas

Torneo Concentración Pickleball Galicia Calidade

A Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda foi o escenario do Torneo-Concentración de Pickleball Galicia Calidade, que se celebrou os días 15 e 16 de novembro de 2025, nun evento que combinou competición, adestramento e convivencia entre a comunidade de pickleball de Galicia.

O evento contou co apoio da Xunta de Galicia, Galicia Calidade, HEAD, TennisLife, RFET e Marvi, e reafirma o compromiso da Federación Galega de Tenis co crecemento e consolidación do pickleball como deporte emerxente en Galicia.

Estes foron os gañadores do torneo:

Dobres mixtos absolutos:

  1. Elsa Corral / José Mosquera
  2. Ana Méndez / José Nogueiro
  3. Yolanda Colmenero / Daniel Rodríguez

Dobres masculinos absolutos:

  1. Daniel Rodríguez / José Mosquera
  2. José Nogueiro / Nicolás Corral

Veteranos +50 individuais masculinos:

  1. Roberto Bustillo
  2. Xosé Nogueiro
  3. Jose Mosquera

Absoluto masculino:

  1. Roberto Bustillo
  2. Jose Mosquera
  3. daniel rodriguez

Absoluto feminino:

  1. Elsa Corral
  2. Yolanda Colmenero
  3. Ana Méndez