Noticias
24/11/2025
Federativas

Celia Cerviño e Valentina Losciale gañan o título de dobres no W15 de Lousada

Celia Cerviño e Valentina Losciale gañaron esta fin de semana o título de dobres no torneo internacional feminino W15 Lousada.

Gañaron a final contra as estadounidenses Baylen Brown / Jamilah Snells cun marcador de 6-3 6-3.

Na competición individual, o sorteo enfrontounas na primeira rolda. Valentina saíu vitoriosa, gañando 6-3, 6-3. Na segunda rolda, perdeu contra a que foi campioa do torneo, a sueca Linea Bajraliu.

¡Noraboa polo título!