Noticias
02/12/2025
Federativas
Celia Cerviño e Valentina Losciale finalistas de dobres do W15 de Lousada II
Celia Cerviño e Valentina Losciale volveron subir ao podio en Portugal. Foron finalistas na de dobres do Lousada Indoor Open II.
Perderon na final contra a parella portuguesa formada por Ana Filipa Santos e Angelina Voloshchuk cun marcador de 6-4, 6-4.
No formato individual:
- Celia perdeu ante a finalista do torneo, a suíza Stefaniya Pushkar, na segunda rolda por 7-5 e 7-6(6).
- E Valentina perdeu contra a primeira cabeza de serie, a portuguesa Angelina Voloshchuk, por 6-2 e 6-3, tamén na segunda rolda.