Noticias
15/12/2025
Federativas
De la Puente volveuno conseguir, noveno título de campión de España de Tenis en Cadeira de Rodas
Martín De la Puente proclamouse campión de España de tenis en cadeira de rodas por novena vez (2014, 2016, 2017, 2019, 2021, 2022, 2023, 2024 e 2025).
Na final, disputada no Real Club Pineda de Sevilla, Martín derrotou a Francisco García Vena. O resultado final de 6-1, 6-1 demostra claramente o dominio do xogador galego.
Tamén conseguiu gañar o título de campión de dobres, facendo parella con Jakub Dominik Bukala.
Gañaron a final por 6-0 e 6-1 contra a parella formada por Francesc Tur Blanch e Patxy Fadrique Fadrique.
¡Parabéns Martín!