Noticias
22/12/2025
Federativas

Celia Cerviño, campioa de España de dobres

Celia Cerviño Ruíz realizou unha gran actuación no Campionato de España Absoluto de Tenis celebrado no Sporting Tennis Club de Valencia, proclamándose campioa de dobres e chegando ás semifinais en individual.

Na competición individual, Celia foi a cabeza de serie número 3. Eliminou a Laura Ollich Selva cun resultado de 6-0 6-3 e a Charo Esquiva Bañuls cun 6-4 7-6(4). Nas semifinais, perdeu contra Ángela Fita Boluda cun resultado final de 6-3 6-4.

Nos dobres, formou parella con Aliona Bolsova. Derrotaron a Andrea Palazon / Lucia Ros por 6-0 e 6-1; a Alexia Castells / Claudia Ferrer por 6-1 e 6-0; e na final, venceron a Celia Anson / Lucia Cortez por 6-3 e 6-1.

¡Parabéns!

A continuación móstranse os resultados doutros xogadores/as galegos/as:

  • Iago Domínguez Álvarez venceu na primeira rolda a Sergio Planella Hernández cun resultado de 6-4 7-6(2). Na segunda, perdeu ante Carlos López Montagud, cabeza de serie número 7.
  • Borja Fernández Couto-Goicoechea perdeu na primeira rolda ante Lucca Helguera Casado.
  • Alma Granados Blanco e Noa Rodríguez Sindín perderon na primeira rolda ante Laura Ollich Selva e Celia Anson Sánchez respectivamente.