Noticias
27/01/2026
Federativas

De la Puente, finalista en dobres no Melbourne Wheelchair Open

Do 18 ao 23 de xaneiro, o vigués Martín De la Puente competiu no Melbourne Wheelchair Open, chegando ás semifinais en individual e rematando subcampión en dobres co francés Stephane Houdet.

En individuais perdeu contra Alfie Hewett (GBR), número dous do ranking mundial.

No formato de dobres, perdeu na final contra a parella favorita formada por Alfie Hewett (GBR) e Gordon Reid (GBR), cun marcador de 1-6 e 3-6.

Esta semana Martin competirá no Grand Slam Australian Open Wheelchair Championships.