Noticias
16/03/2026
Federativas
Gran resultado de Nilo Rubén Pérez Calo no MT400 de Badalona
Nilo Rubén Pérez Calo, campión de dobres e finalista individual na categoría +70 do MT400 de Badalona.
Na categoría individual, a final contra Jairo Velasco Ramírez non se puido xogar por mor da choiva.
En dobres, formou parella con Francisco Javier Montoliu Tarango. Derrotaron na final a Andrés Martínez e Jairo Velasco cun resultado de 6-4 e 6-3.