Noticias
16/03/2026
Federativas

Nicolás Bellas Panadero, campión do J60 Bayamón – Puerto Rico Bowl U18

O xogador Nicolás Bellás acadou o título de campión no Torneo ITF J60 Bayamón – Puerto Rico Bowl Sub-18, celebrado do 9 ao 14 de marzo en Bayamón, Porto Rico.

Bellas derrotou aos seguintes xogadores na fase de grupos:

  • Yosuke Hino (JNP) 5-7 6-2 14-12
  • Antoine Martel (CAN) 7-5 7-6(5)
  • Griffin Goode (USA) 7-6(1) 6-3

No cadro final gañou nos cuartos de final a Xiaohan Jiang (CHN) por 3-6, 6-1 e 6-1, nas semifinais a Darsh Sachin Patel (GBR) por 7-6(5) e 6-0 e na final a Rafael Gama cun gran resultado de 6-0 e 6-1.

¡Parabéns!

Esta semana xogará o J30 Bayamón, estaremos atentas aos seus resultados.