Noticias
31/03/2026
Federativas

Nicolás Bellas Panadero, finalista de dobres do J30 Bayamón – Copa Palmas do Caribe U18

Nicolás Bellás, xogador do Real Club Tenis Coruña, chegou á final de dobres do torneo J30 Bayamón – Copa Palmas do Caribe U18 celebrado do 16 ao 21 de marzo en Porto Rico.

Formou parella co xogador italiano Rafael Gama. Perderon 7-6(6) 6-4 na final contra Pierre-Olivier Hay (CAN) / Xiaohan Jiang (CHN).

Na fase de grupos da proba individual, Bellas venceu aos seguintes xogadores:

  • Benjamin Perreault (CAN) 6-3 6-0
  • Tyler Sharpe (USA) 6-2 6-1
  • Ozzy Odom (ISV) 6-2 6-1

Nos cuartos de final perdeu contra o xaponés Yosuke Hino nun encontro que se acabou nun terceiro set por 3-6, 6-2, 4-6.